lic cruzul-agüeira

Post on 13-Jan-2017

49 Views

Category:

Education

4 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

ESPAZOS NATURAISLIC Cruzul-Agüeira

Inclúe os bosques de Cruzul e Agüeira e parte do curso do río Navia e os seus afluentes Valdeparada, Boullón e Narón.

Os principais ecosistemas son o aciñeiral, o bosque atlántico e os bosques de ribeira.

Val do Narón co Aciñeiral de Cruzul, ao fondo, e o comezo do bosque de Agüeira, á esquerda.

SITUACIÓN: No terzo centro-oriental da provincia de Lugo, na comarca dos Ancares. Localidades de referencia: Becerreá e As Nogais.

SUPERFICIE: 652,46 ha

CONCELLOS:Becerreá, As Nogais.

VALORES NATURAIS:Fragas, bosque de ribeira, aciñeirais, plantas asociadas ás rochas calcárias.

PROTECCIÓN• Lugar de importancia comunitaria (LIC): 29 de decembro de 2004• Zona especial de conservación (ZEC): 31 de marzo de 2014• Está incluído na Reserva da Biosfera de "Os Ancares lucenses e montes de

Navia, Cervantes e Becerreá”.

O Navia en As Nogais

CLIMAAtlántico de montaña, con invernos fríos e frecuentes nevadas.

XEOLOXÍA/RELEVOO territorio é unha sucesión de vales e montes de pequena altura: A Penalta, O Coto, A Pena da Galiña e o Monte Lampaza. A máxima altura dentro do espazo é o Lampaza con 806 m de alttute, no linde entre Becerreá e as Nogais.As rochas máis comúns son as lousas e as cuarcitas e unha ampla faixa de calcarías con dirección NO-SE.

As rochas máis comúns son as lousas e as cuarcitas e unha ampla faixa de calcarías con dirección NO-SE.

Rochas calcárias

Os Grobos en Becerreá, na Agüeira, ao pé do lugar de Cela. Unhas curiosas formacións “kársticas” producidas pola erosión nas rochas calcarias, moi pouco comúns en Galiza.

O Navia en Doncos

REDE FLUVIALArticúlase arredor do Navia e dos seus afluentes Narón, Fontaos, Ribanán e Boullón (pola esquerda) e Valdeparada (pola dereita).Os ríos discorren por vales profundos e teñen uns bos bosques de ribeira cunha variada flora e fauna asociada aos cursos de auga.

RÍO NAVIANace no monte Chao da Serra (Serra do Rañadoiro, ao pé do porto do Poio) en terras do Cebreiro e percorre 90 km por territorio galego, métese en Asturias e desemboca na ría de Navia. Recolle as augas das altas montañas luguesas das comarcas do Cebreiro, Ancares e Fonsagrada. O seu percorrido é encaixado e con constantes cambios de dirección por vales fondos e estreitos. Neste espazo recolle as augas dos seus primeiros afluentes que tamén están protexidos: Valdeparada, Boullón e Narón.

O Navia en Doncos (As Nogais)

RÍO NARÓNFórmase con varios regos que recollen augas da serra da Pena da Hedra e A Albela e xúntase co Navia na Borquería (Becerreá). Neste espazo o principal afluente é o Rego de San Martiño.

Río Narón, en Cruzul

RÍO BOULLÓNNace na serra do Rañadoiro (na Fonte do val de Vilar) e xúntase co Navia perto de Robledo (As Nogais).

RÍO VALDEPARADANace na aba norte do monte Curisco (León) e xúntase co Navia nas Nogais. No espazo está protexido tamén parte do curso do seu afluente o rego de Trasmonte.

ACIÑEIRAL DE CRUZUL Está situado no val do Narón e do seu afluente Rego de San Martiño sobre unha faixa de rochas calcárias dolomíticas mesturadas con lousas e cuarcitas, con fortes pendentes que proporcionan un ambiente seco.É o bosque de aciñeiras situado máis ao norte de Galiza, un enclave mediterráneo inmerso dentro do dominio florístico eurosiberiano.

Aciñeiras sobre rochas calcárias.

BOSQUE DE AGÜEIRA (AGOEIRA)Está próximo á localidade da Agoeira, na marxe esquerda do curso alto do Navia, nas abas avesías dos montes do Coto de Morcelle e Pena da Galiña. Desenvólvese sobre outeiros redondeados de lousas e xistos con algunhas bandas de cuarcitas e calcárias.

Bosque de Agüeira

Interior do bosque de Agüeira

OS GROBOSNa Agüeira, ao pé do lugar de Cela.Un labirinto de rochas calcarias, e a súa vexetación asociada, con abundantes brións e numerosos fentos, ocultas nun bosque de castiñeiros.

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE

-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais secos europeos-Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas)-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas calcícolas con vexetación casmofítica-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaicaSoutos-Aciñeirais

FLORAA maior parte do espazo está ocupado por bosques naturais de carballos e rebolos acompañados de freixos, pradairos, bidueiros, abelairas, castiñeiros... cun rico sotobosque no que abondan os fentos. Nas áreas calcárias mellor orientadas (na zona de Cruzul) hai aciñeiras mesturadas con rebolos, castiñeiros, cerdeiras... Unha parte do terreo está ocupado por soutos nos que se atopan castiñeiros de bo porte.

No sotobosque e nas beiras aparecen xirbarbeira (Ruscus aculeatus) uvas de can (Tamus conmunis), Anthyllis vulneraria, Lithodora diffusa, Osyris alba, Rubia peregrina, Genista falcata, Toxo europeo (Ulex europaeus), Daphne laureola, Antirrhinum meonanthum e algunhas orquídeas pouco comúns (Himantoglossun hircinum, Ophrys sphegodes, Orchis mascula)...Destaca a presenza de especies mediterráneas asociadas ás rochas calcárias, algunhas pouco comúns en Galiza.

Antirrhinum neonanthum, unha planta típica de

terreos calcários secos.

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus asturiensis

Aciñeira (Ilex aquifolium), unha árbore tipicamente mediterránea

Aciñeiras sobre as rochas calcárias

Cerdeiras bravas en outono

Souto en Agüeira.

Castiñeiro (Castanea sativa)

Castiñeiro en Cela-7 m de perimetro

Pradairo (Acer pseudoplatanus)

Follas de rebolo (Quercus pyrenaica)

Herba do gando (Helleborus foetidus)

Uvas de can (Cornus sanguinea), arbusto de follas ovais que se volven encarnadas no outono. Atópase nas sebes e beirais do bosque.

A herba do pobre (Clematis vitalba) en Galiza aparece sempre asociada ás rochas calcarias.

Espadana fedorenta (Iris foetidisima)

Orquídea (Ophrys sphegodes)

Fento dos valos (Polipodium…)

fento lingua de cervo ou herba dos escaldados (Phyllitis scolopendrinum). Medra en lugares frescos e sombrizos sobre sustratos calcarios

Nos lugares sombrizos as rochas e os toros das árbores cóbrense de brións.

Brións, hedras e fentos

Liques sobre rebolos

Lique (Ramalina...) e follas de castiñeiro

No solo dos bosques xorden, sobre todo no outono, unha grande variedade de cogomelos.

Boletus Coprimus

FAUNADestaca a presenza de especies asociadas aos bosques e ribeiras fluviais: xabarín, corzo, raposo, furafollas, leirón, lontra, toupa de río, morcegos, merlo rieiro, ferreiriños, paporrubios, ras, sapos, salamántigas, saramagantas e unha gran variedade de invertebrados, en especial insectos.

Leirón

Lagarto das silveiras

Ferreiriño común (Parus ater). Busca incansablemente eirugas e insectos nas ponlas das árbores.

Paporrubio (Erithacus rubecula). Aliméntase de froitos e insectos en lugares cubertos de vexetación mesta (bosques, sotobosques...).

Vanessa atalanta

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEEInvertebradosLucanus cervus Austropotamobius pallipesElona quimperianaGeomalacus maculosusAnfibios Chioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiRéptilesLacerta monticolaLacerta schreiberiMamíferosGalemys pyrenaicusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposideros

Cangrexo de río (Austropotamobius pallipes)

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

ACTIVIDADES/USOSAproveitamento agrogandeiro e forestal.Noutros tempo a madeira de aciñeira utilizábase para facer carbón vexetal.Lecer

Paseo fluvial no río Valdeparada en As Nogais

Muíño da Veiga no río Navia en Doncos (As Nogais)

Ponte de Cruzul sobre o río Narón.

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALEn 1809, durante a Guerra da Independencia Española as xentes do lugar apoderáronse de máis dun milleiro de fusís que os soldados franceses agochaban xunto a ponte. A tradición di que foi voada para impedir o paso das tropas napoleónicas.

Ouriceira para a colleita da castaña (Os Grobos, Becerreá)

PUNTOS DE INTERESE•Aciñeiral de Cruzul e río San Martiño•Bosque dos Grobos•Muíño/cortiduría na FerreríaRUTAS:•Ferrería-Cormes•Becerreá-Os Grobos•Ponte de Carlos III, en Cruzul, construído con pedras calcárias.

Camiñando polo bosque da AgüeiraMuíño na Ferrería

Montaxe fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Debuxos: Mon Daporta

novembro 2016

top related