Download - Georges Méliès
Georges MélièsN: 8 de decembro de 1861, París
M: 21 de xaneiro de 1938, París
MarieGeorgesJean Méliès naceu en París o 8 de decembro de 1861. Os seus pais montaran unha fábrica de botas no Boulevard SaintMartin e na altura do nacemento de Georges tiñan unha posición económica desafogada. Estudou en bos colexios e ao rematar a súa educación incorporouse, coma os seus irmáns Henri e Gaston, ao negocio familiar dos zapatos.
Logo do servizo militar o pai mandouno a Londres a traballar de dependente. Alí empeza a acudir ao Egyptian Hall de Picadilly, rexido polo mago John Nevil Maskelyne (inventor tamén dun baño público que funcionaba con moedas).
Méliès fará do ilusionismo unha das súas paixóns. Volve a París en 1885, ano no que casa con Eugénie Génin, coa que terá dous fillos, Georgette (1888) e André (1901).
En 1888 retírase o pai de Georges e este decide vender a súa parte da empresa familiar aos seus irmáns. Con eses cartos e a dote do seu casamento faise co Théâtre RobertHoudin, nese tempo algo pasado de moda. Méliès pon todo o seu empeño en modernizar o espectáculo inventando novos trucos e dándolle ás actuacións unha maior carga dramática.
Devagar, o teatro foi gañando máis e máis público coa súa mestura de pantomimas, autómatas e trucos tan truculentos coma o Recalcitrante Home Decapitado, no cal a un home lle cortaban aparentemente a cabeza e seguía falando tan pancho até que lla volvían ao seu sitio.
Antes da primeira proxección pública do cinematógrafo dos Lumire o 28 de decembro de 1895 houbo unha sesión privada para xornalistas e donos de salas de espectáculos en París (na véspera ao serán ou quizais o mesmo día pola tarde, depende da fonte consultada). Méliès foi un dos asistentes e ficou fascinado: de inmediato ofreceu 10000 francos polo aparello dos Lumière, que rexeitaron a súa oferta e outras superiores dos donos do Museo Grevin e Folies Bergère.
Méliès non desiste e proba outros camiños. Contacta co británico R. W. Paul e adquire un dos seus proxectores, co que empeza a exhibir filmes no teatro RobertHoudin. Mais axiña decide que debe facer el mesmo os seus propios filmes, primeiro na estela dos Lumière con estampas cotiás e vistas.
O cinematógrafo dos Lumière, que comezara cunha audiencia modesta de 33 espectadores na primeira sesión, atraía unhas semanas despois a dous mil visitantes diarios. O cinema era un gran negocio e Méliès non quixo quedar á marxe. Entendeu que máis aló do rexistro da realidade e da anécdota simpática podía ser unha extensión dos espectáculos de variedades, enriquecido coas trucaxes que descubriu por casualidade. Segundo contou nas memorias, mentres filmaba un plano na praza da Ópera a cámara atascouse; logo de resolver o problema, seguiu a filmación. Ao proxectar o filme viu con asombro como un autobús MadeleineBastilla se converte nun coche fúnebre. As “transformacións” a forza de parar a cámara e substituír o obxecto filmado (técnica xa empregada por Edison na Execución de María Estuardo) terían en Méliès o seu gran mestre.
En 1896 constrúe no xardín da súa finca de Montreuil un estudio de filmación, co teito e paredes de vidro para aproveitar a luz solar. O estudio, o primeiro de Europa, dispuña tamén dun espazo para a fabricación dos decorados.
Só entre 1896 e 1897 produciu máis de cen filmes que cobren os xéneros característicos do momento: documentais “estilo Lumière”, dramas, episodios históricos, actualidades reconstruídas, trucos de maxia e as fantasías que serían o seu sinal de identidade máis característico (tamén algún “filme para adultos”, como Après le bal, e incluso producións publicitarias).
Os filmes de Méliès vólvense máis elaborados; así, a exitosa Cendrillon de 1899 alardea de ser unha “grande féerie extraordinaire en 20 tableaux”.
Os filmes de Méliès teñen unha difusión enorme, non só en Francia senón tamén no estranxeiro. Tamén nos EEUU, aínda que neste caso non obteña réditos por causa da distribución masiva de copias ilegais. Para paliar o problema, abre en 1902 unha oficina en Nova York da súa compañía Star Film.
Na segunda metade da primeira década do século XX a fórmula Méliès amosou sinais de esgotamento. A repetición das fórmulas fixo esvaecer o interese do público. O cinema está consolidando unha linguaxe propia que vai máis alá do espectáculo de variedades enriquecido con trucaxes fotográficas.
“(...) Méliès ignora absolutamente las posibilidades de continuidad que pueden nacer del montaje. Así, por ejemplo, en Viaje a través de lo imposible muestra en un cuadro un automóvil que, a gran velocidad, choca contra el muro de una casa y penetra en ella. En el siguiente cuadro aparece el interior de la casa, en cuyo comedor se halla una familia sentada en torno a la mesa. De pronto la pared se quiebra y penetra el automóvil...
La originalidad de Méliès estriba, justamente, en esta simbiosis entre los recursos típicamente teatrales (maquillaje, mímica, decorados, complicada tramoya y división en actos y escenas, ya que no en secuencias y planos) y los medios y trucajes de naturaleza fotográfica. Esta concepción le lleva a emplazar siempre la cámara tomavistas ante el escenario, ofreciendo el punto de vista de un espectador de platea perfectamente centrado, abarcando todo el decorado. En algunos casos sus películas comienzan con un telón que se alza y que cae al final de la acción; en otros Méliès, antes de efectuar alguno de sus prodigios mágicos, saluda al público imaginario con una cortés inclinación de cabeza; los personajes entran y salen por el foro como si estuviesen representando una pieza, y los decorados no ocultan jamás su inspiración teatral. La interpretación de los actores está basada en la mímica y su gesticulación es exagerada, porque Méliès no ha comprendido, y el cine tardará todavía algunos años en comprenderlo, que en el arte de la pantalla, a diferencia de lo que sucede en el teatro, la lejanía de las localidades no modifica sensiblemente la percepción del espectador. Esta errónea comprensión del nuevo arte le hizo menospreciar el uso del primer plano, que sólo empleó como trucaje, para agrandar objetos”.
Historia del cine, Román Gubern
En 1909 Méliès preside o primeiro Congreso Internacional de Cineastas en París. Nel se acorda unificar as perforacións dos filmes de 35mm e reemprazar o sistema de venda dos filmes aos exhibidores polo do alugueiro, e só a membros da organización de cineastas. Esta medida créalle a dificultades a Méliès, que tiña como principais clientes os teatros e salas de espectáculos. Alugar filmes e non vendelos era máis rendíbel, mais obrigaba a dispoñer dunhas estruturas comerciais das que carecían os produtores independentes, a diferenza das incipientes corporacións como Edison ou a Pathé.
As crecentes dificultades financeiras obrígano a asinar un contrato con Charles Pathé, avalado pola súa propia casa e estudio en Montreuil, polo cal obtén diñeiro para producir filmes a cambio de cederlle a distribución e o dereito a refacer as montaxes.
Gaston, irmán de Georges, establécerase nos EEUU a cargo primeiro da delegación da Star Film e máis tarde do seu propio estudio en Chicago co que axudaba a cumprir as obrigas contractuais dos Méliès en América. Entre 1912 e 1913 viaxou por Asia e o Pacífico coa familia e unha equipa de rodaxe. A miúdo o material que enviaba a Nova York chegaba danado ou totalmente inutilizábel e dese xeito acabou por non poder os filmes comprometidos para distribución coa Edison. Perdeu unha gran cantidade de diñeiro e tivo que vender o selo americano da Star Film. Parte do soño empezaba a esmorecer. Regresou a Europa en 1913 e estableceuse en Córcega. Os dous irmáns non volveron falar nunca.
Gastón morreu en 1915, aos 63 anos, vítima dunha intoxicación alimentaria por consumo de marisco en mal estado.
Gaston Méliès
N: 12 de febreiro de 1852 M: 9 de abril de 1915
O acordo resultou fatal. Cendrillon ou la Pantoufle merveilleuse, de 1912, non funcionou ben e Méliès sentiu como unha humillación que a súa montaxe de 54 minutos quedase reducida a pouco máis de 30 en mans de Ferdinand Zecca. O mesmo pasou con outros filmes e Méliès rompeu o contrato con Pathé. Quedou completamente desamparado e se non perdeu a casa foi pola moratoria das accións xudiciais provocada polo comezo da I Guerra Mundial. A ferida definitiva foi a morte da súa primeira muller, Eugénie Génin, en 1913, que o deixou só ao coidado dos fillos.
Durante a Gran Guerra o exército francés confiscou os orixinais duns 400 filmes de Méliès para fundilos e recuperar a prata e o celuloide (que servía para facer os tacóns dos zapatos).
Logo da guerra Pathé consegue finalmente facerse coa propiedade da Star Film e do estudio de Montreuil. Nun acto desesperado de rabia, Méliès queima os filmes que conservaba e tamén os decorados e vestidos. A obra enteira de Méliès puido desaparecer para sempre. A el mesmo perdéuselle a pista durante uns anos. Montou un posto de xoguetes e lambetadas na estación de tren de Montparnasse e en 1925 casou con Jeanne d'Alcy, a súa perenne compañeira de batallas.
Diversos xornalistas empezaron a preguntarse polo paradoiro de Méliès e finalmente un deles o identificou. Era o vello xogueteiro da estación.
O seu prestixio renaceu en forma de homenaxes. En decembro de 1929 celebrouse unha gala retrospectiva da súa obra e dous anos despois foi designado “Chevalier de la Légion d'honneur”. Ofrecéronlle acubillo na Maison du Retraite du Cinéma, un asilo en Orly, que lle daba garantía de “pan e aloxamento” que moitos días non tivera nos quince anos precedentes. Sentiu outra vez a emoción do cinema ao contactar con creadores mozos como Georges Franju e Marcel Carné e foi un dos primeiros colaboradores do proxecto de conservación de filmes de Henri Langlois, xermolo do que logo foi a Cinémathèque Française. Non volveu filmar nin actuar, mais si debuxou e escribiu.
Enfermou a finais de 1937. Pasou os últimos días no hospital Léopold Bellan, visitado con frecuencia por Franju e Langlois. Morreu o 21 de xaneiro de 1938. Na véspera, con horas de diferenza, morrera outro pioneiro do cinema francés, o animador Émile Cohl.
Está enterrado no cemiterio de Père Lachaise.
Imaxe: Kafziel, na wikipedia. CC BYSA 3.0